Baixo emisivos

Vidro aislante

Mellor prestación térmica

Os vidros baixo emisivos están tratados con capas de prata, que é de todos os metais o de máis baixa emisividade. Esta capa de prata atenúa as perdas caloríficas ao exterior conseguindo evitar perdas de enerxía calefactora co consecuente aforro económico.

 

Estes vidros son obtidos industrialmente tras un proceso de pulverización de partículas de óxidos metálicos, principalmente de prata, sobre unha das caras do vidro que confiren a este propiedades especiais de reflexión mantendo o seu aspecto  incoloro.

 

Os vidros baixo emisivos sempre deben empregarse en unha Unidade de Vidro Illante GUARDIAN SELECT e coa capa orientada cara ao interior da cámara de aire ou gas, xa que a súa cara tratada, en contacto co aire se oxida rapidamente, deteriorándoo tanto nas súas propiedades físicas como estéticas, por tanto non pode empregarse como vidro monolítico.

 

Os vidros baixo emisivos potencian as calidades de un  GUARDIAN SELECT convencional, contribuíndo desta forma ao aforro de enerxía.

Áreas de aplicación

  • Acristalamento de viviendas unifamiliares e edificios
  • Acristalamento en oficinas e locais comerciais
QUERO SABER MÁIS SOBRE O VIDRO BAIXO EMISIVOS