Apostamos pola evolución e modernización constante, incorporando paulatinamente aos nosos procesos produtivos as últimas innovacións en maquinaria e software, actualizando o noso almacén coas últimas novidades no mercado do vidro e formando ao noso persoal para poder ofrecer as mellores solucións aos nosos clientes
SOMOS FABRICANTES ESPECIALISTAS NA TRANSFORMACIÓN DE VIDRO DESDE O ANO 1967
Cunha experiencia no tratamento do vidro iniciada no ano 1967 por Don Luís Ramilo, a evolución e desenvolvemento da empresa seguiu un curso ascendente ata os nosos días, para pasar de ser un pequeno taller a unha solvente cristalería industrial e artesanal.
Durante anos de continua actualización, a nosa empresa logrou implantar un sistema de xestión, control de calidade e medio ambiente, conforme á normativa vixente, sempre baseado no coñecemento dun mercado cada vez máis esixente, sendo a plena satisfacción dos nosos clientes a que marca o camiño para seguir.