O fusing é a técnica de decoración en vidro actualmente con máis expansión en todo o mundo.
É un proceso mediante a cal se elaboran pezas de vidro superpoñendo varias placas de vidro de distintas cores sobre un vidro basee, elevando todo o conxunto a temperaturas próximas a 820º C para fundilas nunha soa peza
Dentro dos vidros que utilizamos para o fusing podemos distinguir dous grandes grupos: os tintados ou esmaltados en superficie (flosing) e os vidros coloreados en masa. Ambos se atopan dispoñibles nunha ampla gama de cores e tonalidades: traslúcidos, transparentes, opacificados, veteados.