Calidade, tecnoloxía e sostenibilidade

VANGARDA

Consideramos de vital importancia a actualización constante da tecnoloxía que nos permite ofrecer en todo momento unha alta calidade en calquera tipo de pedido, desde un dobre acristalamiento estándar a vidros curvados de grandes dimensións.

MAQUINARIA DE ÚLTIMA XERACIÓN PARA CUMPRIR CON CADA UN DOS PRAZOS DE ENTREGA

POLÍTICA DE CALIDADE

A política de calidade e ambiental de Vitralba consiste en asegurar que as actividades realizadas e os servizos prestados pola empresa cumpren os compromisos adquiridos cos clientes e o medio ambiente.

Para iso seguimos os seguintes puntos:

Un sistema documentado de xestión de calidade segundo a norma internacional UNE-EN-ISO9001 e UNE-EN-ISO 14001.

O cumprimento da regulamentación e lexislación aplicable ás actividades da empresa, así como outros compromisos ambientais que subscribamos no futuro.

VITRALBA CONTRIBÚE Á CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE

A eficiencia enerxética é unha fonte de enerxía renovable que é completamente limpa, sorprendentemente abundante e inmediatamente dispoñible. Ten un impresionante potencial para reducir as emisións de carbono que ameazan o planeta e para diminuír a dependencia enerxética do petróleo.