Política de privacidade

Protección de datos de carácter persoal.

 

Os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo co REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos, incorporándoos aos ficheiros titularidade de VITALBA, S. L. que constan inscritos no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos. Informámoslle de que o titular dos datos pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de conformidade coa normativa vixente, enviando por escrito unha solicitude ao domicilio de VITRALBA, S. L. na seguinte dirección: Estrada de Muíños, 23 – 36213 Vigo – Pontevedra.

 

Os datos solicitados son os estritamente necesarios para a correcta identificación do remitente que nos permita levar a cabo tarefas básicas de xestión interna para a correcta resposta á solicitude formulada polo usuario ou á xestión do sitio web. VITRALBA, S. L mantén un compromiso de uso responsable e confidencial dos datos, garantindo que estes datos serán tratados de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados por VITRALBA, S. L con propósito indicado.

Formularios

 

O envío de comunicacións electrónicas por calquera medio ou o enchemento dos formularios incluídos no Sitio web, aceptando a política de privacidade e o aviso legal, autoriza a VITRALBA, S. L para o tratamento dos seus datos de carácter persoal, e haberá de realizarse en todo caso por maiores de 13 anos. No caso de que deban incluírse datos de carácter persoal referentes a persoas físicas distintas da que cumprimenta o formulario, o Usuario deberá, con carácter previo á súa inclusión, informar ao titular dos datos dos extremos contidos nos parágrafos anteriores e obter o seu consentimento.

 

Se o Usuario non facilitase os datos sinalados como obrigatorios no formulario correspondente, VITRALBA, S. L podería verse impedido de dar unha resposta adecuada á súa solicitude ou de prestar o servizo solicitado.