Vidro personalizado

Debido ás peculiaridades da nosa empresa, ao dirixir a nosa actividade tanto ao sector industrial como artesanal, podemos, combinando a nosa tecnoloxía co saber facer dos nosos artesáns, ofrecer aos nosos clientes unha serie de produtos exclusivos.

Tanto de aplicación tanto doméstica como comercial, a personalización de vidro inclúe vidros con teas ( Enteados) ou outros motivos intercalados (reixas, papel pintado, debuxos, fotografías, follas secas, etc.) ou pintados, ideais para particularizar mesas de centro, biombos e divisións de ambientes.

 

Outra opción que ofrecen os vidros enteados é a súa utilización en mostradores e barras de locais comerciais, tanto frontalmente como superiormente cabendo a posibilidade de retroiluminalos con led ou outro tipo de luz para crear un efecto óptico asombroso.

Outro tanto pode dicirse do vidro crackelado e estalado, espectacular este último cando se instala en mostradores.

 

Así mesmo  Vitralba desenvolve e deseña vidros decorados ideais para a súa utilización en cociñas, frontes de armario, baños etc. Por último, podemos facer traballos de rotulación e decoración en vidro utilizando vinilo ou chorro de area.

Proxectos de vidro personalizado